Carta a Mariano Rajoy de la germana d'una de les víctimes del tren de Santiago de Compostela (cast/ gal)
por Sandra Cundines Antelo
Martes, 06 de Agosto de 2013
Le escribo, aunque formo parte de ese amplio sector de la sociedad
que ha dejado de creer en este sistema político, porque pienso que a mi
hermano le gustaría. Un chico de veinticinco años con toda la vida por
delante. Él falleció en ese tren Alvia el pasado 24 de julio.
Señor Mariano Rajoy,
Diríxome
a vostede como podería facelo a calquera dos demais responsábeis
políticos. Podería escribirlle a súa ministra de fomento, aos seus
conselleiros en infraestruturas ou aos responsábeis na Galiza.
Escríbolle, aínda que formo parte dese amplo sector da sociedade que
deixou de crer neste sistema político, porque penso que ao meu irmán lle
gustaría. Un rapaz de vintecinco anos con toda a vida por diante. El
faleceu nese tren Alvia o pasado 24 de xulio.
Tras
saber do accidente, vostede pode imaxinar, sucederon as peores horas da
miña vida. Exactamente 17 longas horas ata a chamada que confirmou o
que xa temiamos. A min tocoume facer unha longa viaxe para xuntarme ca
miña familia no multiusos do Sar. Entre alí e San Lázaro, eles pasaron
todo o tempo, esquivando as cámaras que intentaban captar as súas
bágoas. Eu que son, para que vostede me entenda, un pouco escéptica dos
xogos políticos, non esperaba grande cousa das autoridades. Non
obstante, algúns membros da miña familia quedaron estupefactos pola
rapidez coa que se expuxeron diante das cámaras, para facerse a foto, e
como marcharon tras o seu repregue.
Confésolle
que eu non son católica nin profeso ningunha relixión. Mesmo así, podo
sentir simpatía por aquelas persoas que, convencidas, adican as súas
oracións aos nosos seres queridos e a paliar as nosas dores. Tiña (e
teño) certa necesidade de colectivizar a dor aínda mesmo baixo o
paraugas dun ritual relixioso, cuxa función non é outra que por en común
o duelo. Facelo diante das cámaras e rodeada de políticos e
“personalidades” non era o máis apetecíbel. Persoas cas que non comparto
ningún afecto e cuxa imaxe paréceme fría e distante. Hoxe, porén, leo
nos xornais que organizouse outra homenaxe, esta vez de forma “cívica”,
da que non fomos avisadas. Dáme pena ver que en case tódalas imaxes o
personaxe central é o seu “delegado” Feijoó ou outros políticos.
Vostedes
non nos preguntaron aínda que precisamos. Non esixiron aos medios de
comunicación que deixasen de acosarnos. Non prometeron aínda unha
comisión de investigación que busque a verdade sobre os feitos.
Por
se tiña pensado preguntarmo, adiátome e llo expoño: Quero que me
expliquen que pasou máis alén do “erro humano”. Desexo que expliquen
cales foron os pasos, dados durante anos, que levaron à creación dunhas
redes ferroviarias onde un accidente deste calibre é unha posibilidade. É
o seu deber dar a cara.
Nestes
dias, a solidariedade e a cooperación de xentes anónimas encheron o
baleiro institucional. Por iso, espero que deixen de atribuírse o mérito
dos pasaxeiros, traballadores, voluntarias e veciñas de Angrois.
A morte non se esquece nin se perdoa.
Sandra Cundines Antelo
Compostela, 1 de agosto do 2013
Señor Mariano Rajoy,
Me dirijo a usted como
podría hacerlo a cualquiera de los demás responsables políticos. Podría
escribirle a su ministra de fomento, a sus consejeros en
infraestructuras o a los responsables en Galiza. Le escribo, aunque
formo parte de ese amplio sector de la sociedad que ha dejado de creer
en este sistema político, porque pienso que a mi hermano le gustaría. Un
chico de veinticinco años con toda la vida por delante. Él falleció en
ese tren Alvia el pasado 24 de julio.
Tras saber del accidente, usted se puede imaginar,
sucedieron las peores horas de mi vida. Exactamente 17 largas horas
hasta la llamada que confirmó lo que ya temíamos. A mí me tocó hacer un
largo viaje para encontrarme con mi familia en el multiusos de Sar.
Entre allí y San Lázaro, habían estado todo el tiempo, esquivando las
cámaras que intentaban captar sus llantos. Yo que soy, para que usted me
entienda, un poco escéptica de los juegos políticos, no me esperaba
gran cosa de las “autoridades”. No obstante, algunos miembros de mi
familia se quedaron estupefactos por la rapidez con la que se expusieron
delante de las cámaras, para hacerse la foto, y se retiraron tras su
repliegue.
Le confieso que no soy
católica ni profeso ninguna religión. Incluso así, puedo sentir simpatía
por aquellas personas que, convencidas, dedican sus oraciones a
nuestros seres queridos y a paliar nuestros dolores. Tenía (y tengo)
cierta necesidad de colectivizar este dolor aunque fuera bajo el
paraguas de un ritual religioso, cuya función no es otra que poner en
común el duelo. Hacerlo delante de las cámaras y rodeada de políticos y
“personalidades” no era lo más apetecible. Personas con las que no
comparto ningún afecto y cuya imagen me parece fría y distante. Hoy leo
en la prensa que han organizado otro homenaje, esta vez “cívico”, del
que no hemos sido avisadas. Me da lástima ver que en casi todas las
imágenes el personaje central es su “delegado” Feijoó u otros políticos.
Ustedes no nos han
preguntado aún qué necesitamos, no han pedido a los medios que dejaran
de acosarnos ni han prometido una comisión de investigación que busque
la verdad sobre lo ocurrido.
Por si pensaba
preguntármelo, me adelanto y se lo expongo: Yo deseo que me expliquen
qué ha pasado más allá del “fallo humano”. Deseo que me expliquen cuáles
han sido los pasos que han llevado a la creación de unas redes
ferroviarias donde un accidente de este calibre es una posibilidad. Es
su deber dar la cara.
Los pasados días, la
solidaridad y la cooperación de personas anónimas han llenado el vacío
institucional. Por ello espero que dejen de atribuirse el mérito de los
pasajeros, trabajadoras, voluntarias y vecinas de Angrois.
La muerte no se olvida ni se perdona.
Sandra Cundines Antelo
Compostela, 1 de agosto de 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario